Benvidos a paxina da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Sta. Mariña d´O Rosal.
A nosa Comunidade, mais as Comunidades MVMC. de Eiras; San Miguel-Pías e San Xoán de Tabagón xestionan os montes veciñais en mans comúns do Concello de O Rosal.
O noso desexo é desenrolar nela tódalas informacións que procures das nosas actividades -emanadas dos acordos da Asemblea Xeral dos comuneiros- que a Xunta Rectora executa para por en valor e facer sostible os nosos montes. Tamén atoparás nela unha breve galería que amosa os puntos de interese patrimonial e fotoxénicos.
Percorrer seus bosques; a ermida de San Martiño; lugares arqueolóxicos, con petróglifos, moas, etc.; seus paisaxes e mesmo vestixios da industria artesanal -como son os Muíños do Folón e Picón- fan apetecible camiñar nosas pistas e sendeiros forestais e atopar pozas e fervenzas onde refrescarse.