Ambito territorial

ENCLAVES, SUPERFICIES E LINDES:

A cabida total dos montes comunais de Santa Mariña do Rosal, segundo a resolución de clasificación do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, é de 1.575,2 hectáreas.

 

Unha primeira parcela de 1.386,8 hectáreas constituida polos montes “Campo do Couto, Terroso e outros” cos seguintes lindes, perfectamente demarcados:

Norte:  Concello de Oia.

Leste:  Propiedades particulares da Parroquia de Sta. Mariña do Rosal.

Sur:     Concello de A Guarda.

Oeste: Concello de A Guarda e Océano Atlantico.

 

A segunda parcela de 188,4 hectáreas comprenden os montes de “Lousado, Niño do Corvo e outros” con lindes demarcados :

Norte:   Concello de Oia.

Leste:    Concello de Tomiño.

Sur:       Montes de San Miguel de Tabagon.

Oeste:   Propiedades particulares da Parroquia de Sta. Mariña do Rosal.

 

Ámbolos dous montes no seu conxunto estan enmarcados entre as seguintes coordenadas:

                Coordenadas extremas UTM (fuso 29):

X =     509.500/516.300

    Y =  4.641.360/4.647.200