Unha visita dentro do proxecto Forvalue…

A equipa de Interreg que leva a cabo o proxecto “Forvalue” elixiu a nosa Comunidade de Sta. Mariña pra seus estudos.

Acompañados polo presidente, xiraron unha xornada de traballo de campo polos nosos montes pra, logo de xantar na nosa Vila, rematar cun seminario nas nosas instalacións da Casa do Monte ate ben entrada a noite.

Dende a recepción dada no mirador do Niño do Corvo, onde puideron sacar a perspectiva da extensión da nosa Comunidade e do seu estado de ordenación e conservación, se proseguiu o percorrido por zoas donde se levan a cabo tarefas de poda, roza e trituración de restos, asi como dos proxectos de repoboación de frondosas con diferentes fins.

Xa chegados a SXIAN coñeceron o noso rebaño de cabras autotonas galegas e fixeron comprobación sobre o terreo dos lugares donde traballan, pastorendo barrancos de mais de 30% de pendente.

Deixa unha resposta