ASEMBLEA XENERAL EXTRAORDINARIA 2013

O pasado día 22 de setembro, celebrouse unha Asamblea Xeral Extraordinaria, para dar conta Aos comuneiros, de toda a información dispoñible sobre o incendio que a finales de Agosto, queimou unhas 835 Hectáreas do noso monte. Como xa e sabido a maioría delas eran arboladas, con madeira de corta ou desbaste.
Nesa mesma Asamblea, presentouselle a todos os comuneiros as ofertas recibidas ata o día 22 pra venta da madeira queimada pra que fora toda a Asamblea, quen tomara a decisón.
Mandaron ofertas por escrito: Ramafosa, Madeiras Pardo, Madeiras Costas Pumar, Rogelio Piñeiro, Finsa, Domingos Alves Martins e Madeiras J. Antunes.
Dentro da presentación estaba, entre outra información, a seguinte:

asambleaXeral-800x600

A asamblea, elexiu a opción 3, que fora a presentada por Domingos Alves Martins.
Quedou por tanto a madeira de serra a 39 €/tonelada e a de puntal a 20,5 €/tonelada. O precio de 32
€ que aparece o lado dos 20,5 son pola madeira de puntal, cortada directamente por personal propio
da Comunidade de Montes.
Dentro desta misma web, no apartado madeira irán aparecendo todos os camións que salen, agrupados
por zonas de corta/carga, con hora, data, matrícula, número de guía (que despois úsase pra
facturar), tipo de carga (puntal ou vigas) e destino.
Nos días 15 e 30 ou 31 (ou seguinte hábil) aparecerá a factura de toda a madeira transportada da
quincena anterior, donde se computan o número total de toneladas cortadas nese periodo.
Os datos que aparecen na web, son pasados de forma manual. Os orixinais asinados polos transportistas,
están a disposición de cualquer comuneiro.