Saúdo

Benvidos á páxina da Comunidade de Montes do Rosal.

A nosa Comunidade xunto ás Comunidades de Eiras, Niño do Corvo  e San Xoán de Tabagón xestionan os montes veciñais en mans comúns do Concello de O Rosal

O noso desexo é desenrolar nela tódalas informacións das nosas actividades e de todas aquelas que sexan de interese para poñer en valor e facer sostible os nosos montes.

Percorrer os seus bosques, a ermida de San Martiño, lugares arqueolóxicos con petróglifos, mámoas, etc. As súas paisaxes e os vestixios da industria artesanal como son os  Muíños do Folón e Picón, fan apetecible camiñar polas nosas pistas e sendeiros forestais, e mesmo atopar pozas e fervenzas onde refrescarse.